Benito Blanco-Rajoy
Nome orixinal | (es) Benito Blanco-Rajoy Espada |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de abril de 1891 A Coruña, España |
Morte | 29 de setembro de 1968 (77 anos) A Coruña, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Confederación Española de Derechas Autónomas 3 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político, avogado do estado |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Premios | |
Benito Blanco-Rajoy Espada, nado na Coruña o 12 de abril de 1891[1] e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1968,[2], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do senador e deputado Ramón Blanco-Rajoy Poyán. Licenciouse en dereito en 1911 na Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en 1913 na Universidade de Madrid. Ingresou nese mesmo 1913 no Corpo de Avogados do Estado por oposición. Iniciou en 1919 a súa carreira política ao ser elixido deputado polo distrito de Corcubión coa etiqueta do Partido Conservador datista, resultando reelixido en 1920 e 1923, aínda que xa adscrito ao maurismo. Nas Cortes Españolas destacou pola súa participación no debate da reforma do Código de Comercio. En 1921 asumiu o posto de director xeral dos Rexistros e do Notariado.
Durante a Segunda República Española continuou coa súa actividade política, foi deputado independente nas Cortes de 1931 e pola CEDA nas de 1933 e 1936. Foi decano honorario do Colexio Provincial de Avogados da Coruña de 1930 a 1959[3].
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort (1955).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BLANCO RAJOY Y ESPADA, BENITO". congreso.es. Consultado o 03-09-2017.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 1-10-1968, p. 14.
- ↑ "Decanos". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2010.